Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

IV Concurso de Cómic "Universo Goya"

O Museo Goya da Fundación Ibercaja convoca a 4ª edición do Concurso de Cómic "Universo Goya", destinado ao fomento do coñecemento entre os mozos da traxectoria e obra do pintor aragonés, un dos máis relevantes da cultura artística española e universal.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 15/07/2024

ata as 12.00 h.

Requisitos:

  • Concurso dirixido a mozos de 18 a 30 anos (cumpridos ao 31 de decembro de 2023), nados ou residentes en España.
  • Cada autor ou autores poderán presentar un máximo de 2 traballos e as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas.
  • Non poderán presentarse os autores que fosen premiados nas convocatorias anteriores deste premio nas convocatorias anteriores deste premio.
  • Tema e técnica serán libres, aínda que o eixo central será a vida e traxectoria artística de Goya. Deberán ser historias completas, autoconclusivas e realizadas entre 2 e 4 páxinas a unha soa cara, en branco e negro ou cor, formato vertical e en castelán. As páxinas non poderán ter un tamaño superior a 28 x 44 cm.
  • Non se aceptarán obras que fomenten a discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, nin a presenza de marcas comerciais de ningún tipo no contido.

Remuneración / Custo:

  • 1º premio: 2.000 €
  • 2º premio: 1.000 €

Cada premio implicará ademais a edición do cómic, dos cales 20 exemplares serán entregados a cada autor.

Páxina web:

www.fundacionibercaja.es

Contacto:

Fundación Ibercaja

correo-e: culturafundacion@fundacionibercaja.es

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión