Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de mayo de 2024

Luz verde ao cambio de uso da parcela na que se habilitará un patio de xogos para o CEE Nosa Señora do Rosario

O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, lembrou que “o CEE Nosa Señora do Rosario, no Barrio das Flores, é o único centro educativo da cidade sen patio”, unha carencia que agora poderá solventarse

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu este xoves o Pleno ordinario, no que se aprobou o trámite inicial para dotar o Centro de Educación Especial Nosa Señora do Rosario, no Barrio das Flores, dun patio de xogo exterior adaptado ás necesidades pedagóxicas do seu alumnado.

A día de hoxe, o espazo de xogo dispoñible no CEE Nosa Señora do Rosario redúcese á superficie que arrodea o centro, sen espazos de dimensións axeitadas en termos de accesibilidade e gozo para as alumnas e alumnos. Neste sentido, o concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, lembrou que "o CEE Nosa Señora do Rosario é o único centro educativo da cidade sen patio".

Por iso, en outubro de 2022, o Goberno de Inés Rey "iniciou as reunións coa dirección do centro educativo e unha representación das familias das e dos alumnos, para resolver unha cuestión histórica que non se atendeu nos mandatos anteriores: a de dotar ao CEE de espazos libres que lles permitan ás nenas e nenos do centro ter un tempo de ocio de calidade no seu horario lectivo", apuntou o concelleiro.

A este respecto, o pleno deu luz verde ao cambio de uso dunha superficie de 1.132 metros cadrados, en solo de titularidade municipal, lindeiro ao CEE pola rolda Camilo José Cela, que ata o momento estaba clasificado como vía local pública e, agora, pasará a estar cualificado urbanisticamente como equipamento educativo público.

Esta superficie, carente de uso ata agora, acoutouse cun valado metálico co obxectivo de delimitar o futuro espazo de xogos para o alumnado do CEE Nosa Señora do Rosario, "e foi aquí onde iniciamos unha intervención de urbanismo táctico, pechando o anterior espazo de estacionamento, co obxectivo de reconfiguralo como espazo de ocio e lecer, e onde se levaron a cabo experiencias de uso en xornadas coas familias do alumnado do centro educativo".

Díaz Gallego expuxo que esta formulación "repercute positivamente no barrio e contribúe ao obxectivo do Plan Xeral de consolidar a Rolda Camilo José Cela como corredor verde", indo en sintonía coa proposta lúdico-medioambiental que tamén se executará nun centro educativo próximo ao CEE Nosa Señora do Rosario. É o CEIP Ramón de la Sagra, onde se acometerá a humanización e naturalización do patio exterior.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión