17 de abril de 2024
Na Xunta de Goberno Local deste mércores deuse luz verde á solicitude do convenio de colaboración coa Deputación, que determina as achegas e compromisos de cada Administración para o mantemento da rede
Este mércores, a Xunta de Goberno Local aprobou o orzamento destinado a financiar este ano a rede municipal de acollida a mulleres en situación de violencia de xénero. O dito investimento alcanza os 509.000 euros.
Actualmente, o Concello é titular dunha casa de acollida e dous pisos de transición activa para atender a mulleres vítimas da Vioxen, que están incluídos na rede autonómica de centros de atención a mulleres.
"Son espazos fundamentais para ofrecer atención e protección tanto ás mulleres que sofren violencia de xénero como ás e aos menores ao seu cargo. Espazos que poden abrir camiño á recuperación persoal e reincorporación sociolaboral das afectadas e as persoas ao seu cargo", indicou a alcaldesa, Inés Rey.
No mantemento da rede municipal de acollida traballan de forma conxunta o Concello e a Deputación. A este respecto, a Xunta de Goberno aprobou hoxe a solicitude do convenio de colaboración coa Deputación, un trámite que determina as obrigas e compromisos de financiamento que lle corresponden a cada Administración.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible