12 de maio de 2023
A OMIC organiza unha nova edición da Escola de Verán para o mes de xullo
QUÉ É A ESCOLA DE VERÁN?
Actividades lúdicas e didácticas arredor do consumo responsable que se desenvolven para nenas e nenos de 4 a 10 anos, no mes de xullo, en horario de mañá.
TÉMATICA DE CADA QUENDA
Facilitar ferramentas que garantan a adopción de bos hábitos de seguridade, facendo usuarias e usuarios conscientes da súa propia responsabilidade en relación co uso das novas tecnoloxías.
Coñecer a importancia da compra de proximidade para manter unha alimentación sa e equilibrada. Sensibilizar na creación de hábitos de alimentación positivos e saudables fomentando o comercio de cercanía.
PERSOAS DESTINATARIAS
Serán nenas e nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos, nacidos entre 01.01.2013 e o 31.12.2019, e dispoñeranse en dúas quendas con dous grupos en cada quenda en función dos rangos de idade:
HORARIOS DE ACTIVIDADES
De luns a venres de 09.00 a 14:00 horas
Por motivos de conciliación as nenas e nenos participantes poderán chegar ó campamento dende as 8:15 da mañá e poderán permanecer ata as 14:45.
LUGAR DE REALIZACIÓN
Centro Municipal de Emprego. Estrada de os Fortes ao Monte de San Pedro, s/n. 15011 - A Coruña
PREINSCRICIÓN
Preinscrición: 22, 23 e 24 de maio na web coruna.gal/campamentos2023
Todas as preinscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados na páxina de preinscrición non serán tramitadas.
As listas de preinscritas/os faranse públicas o 29 de Maio na web e no 010.
Poden consultar as listaxes de preinscripcións aquí:
www.coruna.gal/campamentos2023
O 30 e 31 de Maio poderán efectuarse reclamacións en canto ás listas de preinscritas/os.
SORTEO PÚBLICO
As prazas adxudicaranse por sorteo que se realizará o día 1 de xuño. As prazas ofertadas en cada grupo e quenda adxudicaranse pola orde resultante. O sorteo será público e consistirá na extracción dun número, para cada unha das quendas, que fixará a orde de preferencia para ocupar as prazas.
O 6 de Xuño publicarase a lista de nenas e nenos admitidos en cada quenda, nas webs municipais e no 010. Se a/o solicitante non está na lista de admitidas/os, estará na lista de espera. Se por algunha circunstancia especial, debidamente informada, algunha das/dos menores admitidas/os fose obxecto de especial protección non se publicará o seu nome nas listaxes oficiais.
Se quedan prazas vacantes, despois da inscrición das persoas admitidas, chamarase ás reservas pola orde correspondente.
INSCRICIÓN
A inscrición definitiva será o 7,8 e 9 e xuño a traves da Sede Electrónica do Concello da Coruña (https://sede.coruna.gob.es) ou remitindo a folla de inscrición definitiva ao correo omic@coruna.gal, xunto coa documentación acreditativa.
Se non se formaliza a inscrición no prazo indicado, a praza quedará libre.
REQUISITOS XERAIS
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible